22/4/08

Lotes de libros desde o IES Pedra da Aguia

Emilio Roca, responsable da biblioteca do IES Pedra da Aguia (Ponte do Porto-Camariñas), achéganos unha relación de títulos que ofertan desde os dous grupos con actividade no club de lectura deste centro, ARAO, onde mesmo se le "a pares": pais e fillos lendo os mesmos libros, tal e como explican no seu blogue.
- CLUB DE LECTURA ARAO-ALUMNADO e "LENDO A PARES":
  • O raio veloz. Agustín Fernández Paz. 4 exemplares

  • El rayo veloz. Agustín Fernández Paz. 5 exemplares

  • La historia interminable. Michael Ende. 10 exemplares.

-CLUB DE LECTURA-ADULTOS e "LENDO A PARES"

- O Club da calceta. María Reimóndez. 15 exemplares

- La suma de los días. Isabel Allende. 12 exemplares

- O lapis do carpinteiro. Manuel Rivas. 10 exemplares

11/4/08

As Mariñas Lectoras ofrecen libros...

A biblioteca de "As Mariñas" tamén pode ofrecer algúns dos libros do club de lectura.
- Matilda de Roald Dahl, ( 6 exemplares en castelán e 7 en galego)
- A noite d`O Risón de Gonzalo Moure ( 6 exemplares en galego e 6 en castelán)
- Palabras de Caramelo de Gonzalo Moure ( 5 en castelán e 5 en galego)
- O cazador de estrelas ( 4 en galego e 7 en castelán
)
Temos tamén varios exemplares de "O neno do pixama de raias" en galego e en castelán pero non os ofrecemos xa que teñen moita demanda.
Máis adiante poderemos ofrecer tamén "O Saco de Simón" ( en galego) e "Finis Mundi" ( en castelán), polo de agora están en "lectura".
Marga Tarrío

10/4/08

Desde o IES Johan Carballeira

Desde o IES "Johan Carballeira" de Bueu queremos compartir os seguintes libros:

- El laberinto de la felicidad de Álex Rovira e Francesc Miralles. Editorial Aguilar (12 exemplares)
- Ollos de auga de Domingo Villar. Editorial Galaxia (8 exemplares)
- Luces del norte de Philip Pullman. Ediciones B, S.A. Tamén contamos coa versión en galego Aurora boreal. (15 exemplares). Estarán a vosa disposición a partir do 23 de abril.
Gloria Martínez Marín

8/4/08

Desde o IES A Sardiñeira

Libros para compartir:
Xoan Babarro,Sempre Hausa,Vigo,Ed.Galaxia 2ªed.
col.arbore/galaxia. Nº Exemplares 17

No prazo dun mes teremos disponible:
John Boyne, El niño con el pijama de rayas.Barcelona
Salamandra 2006 Ed 15ª.Nº Exemplares 17.

Blog del club de lectura Bibliosar (IES A Sardiñeira):
http://clubdelecturabibliosar.blogspot.com